SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

Preto de 475 persoas achéganse aos espazos verdes de Compostela grazas á iniciativa Verán en Belvís

08/09/2024 Durante os meses de xullo, agosto e setembro, o Concello de Santiago ofreceu un total de 16 obradoiros e 25 roteiros no marco do programa ‘Verán en Belvís’. En total, 473 persoas de todas as idades participaron nesta iniciativa municipal posta en marcha co obxectivo de concienciar a cidadanía no respecto ás zonas verdes e os beneficios que aporta a xestión sostible destas. As actividades, desenvolveranse no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns de Compostela), localizado no parque de Belvís.

Ao longo de 41 xornadas dos meses de xullo, agosto e setembro, o Concello de Santiago desenvolveu un amplo programa de actividades de sensibilización ambiental no que participaron 473 persoas de diferentes idades. As sesións, programadas en horario de mañá e cunha duración dunhas 2-3 horas, foron conducidas por educadores/as ambientais e organizadas por PreZero, concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e do Arboredo do Concello de Santiago.

En total desenvolvéronse 16 obradoiros arredor da biodiversidade en Compostela que permitiron ás persoas participantes achegarse ás plantas medicinais e culinarias e as carballeiras da contorna do municipio, así como adquirir coñecementos sobre horticultura creativa en espazos pequenos ou construción de hoteis para insectos.

Ademais, leváronse a cabo 25 roteiros co obxectivo de redescubrir os espazos verdes de Compostela que pemitiron ás persoas asistentes percorrer os seguintes tramos: Belvís - Banquete de Conxo; Monte do Viso; O Berce do Sar; Belvís - Brañas de Sar - Parque Carlomagno - Cotaredo - Bonaval – Belvís; Galeras - O Romaño; Galeras - Ponte Sarela; Monte Pedroso: Selva Negra e Granxa do Xesto; e Río Corgo: Galeras - Salgueiriños

Compartir: