URBANISMO

Aprobado o Plan especial para as novas instalacións do Colexio Peleteiro en Monte Redondo (Montouto)

04/06/2007 A Xunta de Goberno aprobou provisionalmente o Plan especial de equipamento docente de Monte Redondo (Montouto), que permitirá a construción do novo complexo do Colexio Manuel Peleteiro. A aprobación definitiva, tal como marca a Lei do Solo por ser un terreo rústico, corresponderá á Xunta nun prazo máximo de tres meses.

A partir desta aprobación definitiva xa se poderán solicitar as licenzas e comezar a construción deste complexo, situado entre a estrada C-541 (Santiago- A Estrada) e a autovía de Santiago a Ourense. Alí levantaranse unhas instalacións que comprenden un ámbito de actuación de 68.822 metros cadrados e un investimento de 21 millóns de euros. O obxectivo é que en 2009 poida estar listo o novo colexio para que se efectúe o traslado dende as instalacións actuais no centro da cidade.

Este complexo de Montouto contará con tres módulos diferenciados para infantil, primaria e secundaria. Complétase con outras dotacións comúns, coma un salón de actos, un ximnasio, residencias masculina e feminina, un polideportivo e outras aulas e servizos complementarios.

Compartir: