MERCADOS

Constituída a mesa de traballo da Praza de Abastos

16/07/2024 O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais presidiu a primeira xuntanza da mesa de traballo da Praza de Abastos, creada para reflexionar sobre o futuro e as mellores necesarias no mercado. Xan Duro explicou que "a de onte foi a primeira toma de contacto, e xa para setembro comezaremos a traballar tanto nas medidas de carácter máis inmediato como nas estratexias a medio e longo prazo para revitalizar a Praza de Abastos, e que siga sendo referente da alimentación e o produto fresco en Santiago".

A mesa de traballo da Praza de Abastos está constituída por dez representantes das diferentes naves do mercado, un representante da Unión de Consumidores de Galicia, outro do sector hostaleiro, e outra das entidades veciñais. Ademais, participan diferentes técnicos municipais e o propio concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais. Na xuntanza de onte, Xan Duro explicou que "despois desta primeira xuntanza na que se fixo unha primeira aproximación á situación actual da Praza de Abastos, para setembro empezaráse a traballar en dúas liñas, para acometer pequenas melloras máis inmediatas no mercado, pero tamén para empezar a pensar a longo prazo no futuro do mercado". Neste sentido, o concelleiro insistiu en que "é preciso manter a identidade da Praza, pero tendo en conta que é preciso modernizar o mercado para chegar a nova clientela, e traballar tamén para garantir a supervivencia e o relevo xeracional nos postos da Praza de Abastos".

Compartir: