TURISMO

Compostela acolle un curso de formación avanzada para film commissioners

21/05/2024 A Santiago de Compostela Film Commission atendeu 52 proxectos audiovisuais no 2023

A oficina central de Turismo de Santiago acolleu os días 20 e 21 de maio un curso de formación especializada para os principais Film Commissioners da zona norte peninsular, organizado dentro da programación formativa da Spain Film Commission, rede da que a entidade de promoción turística municipal forma parte a través da Santiago de Compostela Film Commission (SCFC).

O curso estruturouse arredor de tres eixos fundamentais para desenvolver unha promoción eficaz dun destino como destino para o sector audiovisual. O primeiro foi o dos "Aspectos legais no entorno audiovisual e incentivos", no que se explicron as oportunidades e desafíos locais que ten a industria audiovisual, que está en constante evolución. En concreto, exploráronse os incentivos fiscais dispoñibles, ofrecendo unha comprensión clara de como aproveitar estas vantaxes para a captación de producións audivisuais.

O segundo bloque adicouse á "Xanela única para Film Commissioners & Film Officers", unha ferramenta fundamental para que un destino poda ofrecer información clara sobre os múltiples aspectos que conleva a realización dunha produción audiovisual nun destino, dende por exemplo os permisos precisos para rodar nos espazos públicos ata as taxas correspondentes.

O terceiro bloque centrouse no "Entorno do Hub Audivisual". Neste punto analizouse os servizos profesionais proporcionados pola figura de "production services" no sector audiovisual, e en especial nas producións cinematográficas. As responsabilidades desta figura abranguen dende a planificación e coordinación de proxectos ata a xestión financieira, a contratación de equipos e empresas proveedoras e o cumprimento de prazos e orzamentos.

No ano 2023, a SCFC atendeu un total de 52 proxectos audiovisuais. Por tipo de formatos, os proxectos foron: 5 series, 13 documentais, 11 programas de TV, 4 spots publicitarios, 4 curtametraxes, 1 vídeo clip e 2 vídeos promocionais. Por países, os proxectos foron de España, Estados Unidos, Reino Unido, Xapón, Noruega, Alemaña, Portugal, Irlanda, China.

Compartir: