ALCALDÍA

Recepción á delegación de embaixadores e embaixadoras da UE

20/05/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e membros da Corporación municipal recibiron esta mañá no Pazo de Raxoi unha delegación de embaixadores/as da Unión Europea acreditados en España, encabezados polo embaixador de Bélxica en España, Gerard Cockx, país que ostenta a presidencia de turno do Consello da UE durante este trimestre.

No marco da súa visita a Galicia con motivo da presidencia belga do Consello da UE, unha delegación de embaixadores/as de 23 países da Unión Europea, encabezados polo embaixador de Bélxica en España, Gerard Cockx, visitaron esta mañá o Pazo de Raxoi, onde foron recibidos pola alcaldesa que lles dedicou unhas palabras de benvida convidándoos a descubrir non só o patrimonio de Santiago, senón tamén a literatura, a gastronomía e a idiosincrasia da súa veciñanza.

A continuación, o embaixador de Bélxica en España asinou no Libro de Honra en presenza da alcaldesa e dos representantes municipais Míriam Louzao (BNG), María Rozas (CA), José Antonio Constenla (PP), Olaya Otero (PP), José Ramón de la Fuente (PP), Gonzalo Muíños (PSdeG) e Mercedes Rosón (PSdeG).

Compartir: