DEPORTES

O campo de fútbol das Cancelas renova o seu céspede artificial

21/05/2007 O Goberno local adxudicou as obras de reforma do campo de fútbol das Cancelas. Dedicarase un orzamento de 248.462 euros a unha actuación que suporá a substitución do actual céspede artificial por outro novo e a renovación doutras instalacións complementarias. O prazo de execución é de 28 días.

O céspede das Cancelas, colocado hai nove anos e lastrado con area, será cambiado por outro novo de última xeración, con lastrado mixto de area e caucho. O terreo de xogo manterá as medidas existentes.

De xeito complementario, renovarase a drenaxe, a rede de rega automática e os equipamentos. A cancha de xogo rodearase cunha beirarrúa perimetral e substituirase o valado da mesma.

Compartir: