PARQUES E XARDÍNS

Aberto o prazo de inscrición ao curso de iniciación á horta ecolóxica

14/03/2024 O Curso de iniciación á horta ecolóxica terá lugar o vindeiro 5 de abril e será impartido por Enrique Banet, presidente da Fundación Galicia Verde, no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns) do Parque de Belvís. Trátase dunha formación impulsada polo Concello de Santiago a través do seu Servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e arboredo.

O Curso de iniciación á horta ecolóxica desenvolverase o venres 5 de abril entre as 16:15 e as 20:30 horas no CIPX do parque de Belvís. Enrique Benet, presidente da Fundación Galicia Verde, será o encargado de impartir esta formación na que se abordarán contidos sobre o cultivo da terra, a preparación de bancais e captación da auga ou a plantación.

O curso é gratuito e número de prazas é limitado, polo que é necesario inscribirse a través do número 661406995 ou mandando un correo electrónico a irene.lopez@prezero.com.

Direcciones relacionadas



Compartir: