EDUCACIÓN

A Escola infantil das Fontiñas reabre mañá martes

11/03/2024 O Departamento de Educación comunica que a Escola infantil das Fontiñas trasladoulles ás familias que reabre as instalacións este martes, logo do incidente rexistrado por unha filtración de auga que obrigou a suspender a súa actividade durante a xornada deste luns co obxecto de valorar a situación e garantir a seguridade.

Fixéronse hoxe os traballos pertinentes de limpeza, secado e posta a punto das zonas onde entrou a auga, ademais de proceder a realizar unha revisión por parte do servizo municipal de Obras e Servizos para garantir a seguranza e que as actividades se poidan desenvolver con normalidade a partir deste martes 12 de marzo.

Ademais, desde o Departamento de Educación queren trasladar as desculpas polas molestias que puidera ocasionar a suspensión da actividade no día de hoxe.

Compartir: