SEGURIDADE

Os bombeiros sufocan de madrugada un incendio nunha grúa que traballaba nas obras do AVE

18/05/2007 Os bombeiros de Santiago sufocaron na madrugada do venres 18 un incendio declarado nunha das grúas que traballaban nas obras de construción do viaducto do AVE á altura do lugar do Eixo de Arriba.

Arredor das dúas da madrugada a Policía local de Santiago recibía unha chamada de aviso que alertaba dun incendio nunha das grúas que traballan na construción do viaducto do AVE. De seguido a Policía local avisou aos bombeiros, que se persoaron no lugar e sufocaron as lapas. Estas comezaron nas rodas e na cabina da grúa, propiedade da empresa Grúas Estación.

Os efectivos policiais achegados ata o lugar deron o aviso de forma inmediata á Policía Nacional, ao haber claros indicios da intencionalidade do incendio. Este corpo policial está a instruír as oportunas dilixencias e investigando os feitos. A Policía local tamén localizou e avisou aos propietarios da empresa afectada. O incendio causou graves desperfectos na grúa.

Compartir: