ALCALDÍA

Minuto de silencio polas persoas veciñas de Laraño falecidas nun accidente

05/03/2024 A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polo pai e a súa filla, veciños de Laraño, falecidos o domingo nun accidente de tráfico

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, outros/as integrantes da Corporación e membros do persoal municipal, participaron esta mañá no acto en recordo das persoas veciñas de Laraño, Aira Montero Fernández e Óscar Montero Puente, falecidas o pasado domingo nun tráxico accidente de tráfico. O minuto pechouse cun aplauso.

O Concello de Santiago pretende con este minuto de silencio trasladar o seu apoio e solidaridade ás familias das vítimas do lamentable accidente mortal que tivo lugar o pasado 3 de marzo.

Compartir: