ALCALDÍA

Homenaxe ao deporte de base

16/05/2007 No IES Rosalía de Castro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de homenaxe ás categorías de base do club de baloncesto Rosalía de Castro. O evento lembrou os éxitos acadados nas diferentes categorías na campaña 2006-2007.

O acto, ao que tamén asistiu o concelleiro de Deportes, Manuel Portas, serviu para recoñecer os froitos do traballo que o Rosalía de Castro vén facendo no deporte de base dende hai moitos anos. Tamén foi unha boa ocasión para animar a todos os composteláns a acudir ao pavillón de Santa Isabel, o venres 18 e o domingo 20, a animar ao Beirasar Rosalía, o equipo de baloncesto de elite do instituto, que afronta a eliminatoria decisiva para ascender á Liga LEB.

Compartir: