EDUCACIÓN

Solicitude de praza nas escolas infantís municipais para o curso 2024/25

05/02/2024 A Xunta de Goberno local do 5 de febreiro do 2024 aprobou o calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío.

1. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE NOVO INGRESO. Do 22 de marzo ao 19 de abril de 2024.

O prazo de presentación de solicitudes para reserva de praza e traslado do alumnado actual estará aberto entre os días 1 e 18 de marzo, a través da sede electrónica do Concello (trámite "Solicitude de reserva de praza nas escolas infantís municipais", modelo ED004) ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago ou mediante calquera das formas previstas na Lei. A lista de reservas e traslados e o número de prazas vacantes por unidades, publicarase o vindeiro 21 de marzo na páxina web municipal e nos taboleiros de anuncios das escolas infantís municipais.

Os impresos e a documentación de solicitude de novas prazas deben presentarse entre o 22 de marzo e o 19 de abril. Neste caso, as solicitudes poderán descargarse na sede electrónica do Concello de Santiago (modelo ED005 - trámite de 'Solicitude de ingreso en escolas infantís municipais'). Tamén, poderase solicitar o formulario por correo electrónico a calquera das tres escolas infantís ou recollerse nas propias escolas infantís.

Cómpre lembrar que, xunto co impreso de solicitude, os/as representantes legais do neno/a deben achegar a documentación que se detalla na mesma.

Os formularios cubertos e a documentación poden presentarse por rexistro, de forma telemática (trámite "Solicitude de ingreso en escolas infantís municipais") ou de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) de 9:00 a 13:00 horas, sen cita previa, solicitando número ou quenda na máquina dispensadora de citas.

2. PUBLICACIÓN DA RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS, EXCLUÍDOS/AS E LISTA DE AGARDA. Data de exposición 8 de maio de 2024

A listaxe provisional de admitidos/as e de agarda poderán consultarse na páxina web municipal e no taboleiro das Escolas Infantís Municipais.

As persoas solicitantes poderán consultar presencialmente o seu expediente na escola infantil municipal na que figure admitido/a provisionalmente. No caso da listaxe de agarda, poderase facer a consulta, na Escola Infantil Municipal de Conxo.

Poderán ademais efectuar as reclamacións que consideren oportunas, debidamente documentadas, no prazo de dez días naturais contados dende a data de exposición da relación provisional de admitidos/as, excluídos/as e lista de agarda.
As reclamacións presentaranse ben por medios electrónicos ou de xeito presencias no Rexistro Xeral do concello de Santiago ou en calquera das formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro. Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

3. RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS, EXCLUÍDOS/AS E LISTA DE AGARDA

As listas definitivas de admitidos/as, excluídos/as e da lista de agarda faranse públicas entre o 3 e o 10 de xuño, unha vez que a Comisión de Baremación estude todas as reclamacións presentadas e logo da súa aprobación pola Xunta de Goberno Local.

4. PRAZO DE MATRÍCULA

O prazo de matrícula para todo o alumnado das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas, e Meixonfrío-Salgueiriños estará aberto desde o 11 ata o 18 de xuño. Na escola contarán con toda a información e asesoramento relativo ao seu funcionamento, poderán visitar as instalacións e recoller os impresos necesarios para a formalización da matrícula.

Aquelas persoas que soliciten prazas para este curso e figuren en situación de agarda deben facer de novo a solicitude de admisión.

Para máis información e consultas:

- E.I.M DE CONXO: 981528702 - eimdeconxo@yahoo.com
- E.I.M DAS FONTIÑAS: 981528703 - eimdasfontinas@yahoo.com
- E.I.M DE MEIXONFRIO- SALGUEIRIÑOS: 981528707 - eimdemeixonfrio@yahoo.com

Compartir: