EDUCACIÓN

As escolas infantís acollen o XIII ciclo de sesións didácticas da EMM para achegar a música á cativada

23/01/2024 O Departamento de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música, pon en marcha por décimoterceiro ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas da rede de escolas infantís do Concello.

Estas sesións didácticas, que se desenvolverán durante o mes de xaneiro, teñen como obxectivo promover o achegamento da música ao alumnado das escolas infantís dependentes do Concello de Santiago.

En cada sesión, cunha duración de 30 minutos, o profesorado da EMM visita as escolas infantís e a través dun conto introducen conceptos musicais básicos adaptados ás idades dos nenos e nenas. Os mestres participantes nesta edición serán as profesoras de Música e Movemento Ruth García e Lucía Solla, o profesor de violín e viola Mario Díz e o profesor de percusión Antonio Ocampo.

Como nas ocasións anteriores, participan nesta proposta educativa as escolas infantís de Conxo, As Fontiñas, Meixonfrío-Salgueriños, San Roque, Tambre, Castiñeiriño e Tras-Parlamento.

Hoxe, 23 de xaneiro, tiveron lugar as primeiras sesións nas escolas do TAmbre, Tras-Parlamento, Conxo e Meixonfrío -Salgueiriños.

O ciclo continuará o o vindeiro 30 de xaneiro nas escola infantís coas seguintes sesións

10:00 Escola infantil do Castiñeiriño.
11:00 Escola infantil de San Roque.
11:15 Escola infantil municipal das Fontiñas.

Compartir: