FUNDACIÓN GRANELL

Maratón de lectura dedicado a Juan Ramón Jiménez na Fundación Granell

16/05/2007 O alcalde compostelán e presidente do Padroado da Fundación Granell, Xosé A. Sánchez Bugallo, abriu o maratón anual de lectura, dedicado este ano a Juan Ramón Jiménez, que organiza esta entidade con motivo do Día Internacional dos Museos. A esta apertura asistiron alumnos do colexio San Xosé de Cluny.

No maratón, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, léronse as obras máis destacadas deste escritor, amigo de Juan Ramón Jiménez, tanto en narrativa como en poesía. Non faltaron pezas como "Platero y yo" ou os poemas escritos baixo a influencia do simbolismo, como "El viaje definitivo".

A Fundación Granell realiza todos os anos este maratón de lectura, na que calquera pode participar abertamente. Este ano contouse coa presenza de persoeiros do mundo da política, da interpretación, da prensa, de diversas asociación compostelás e de persoas de tódalas idades que colaboraron a título individual.

A celebración do Día Internacional dos Museos complétase cunhas xornadas de portas abertas os días 14, 16 e 18 de maio. Os visitantes pódense achegar de bale ás exposicións, así como ao funcionamento dos diferentes departamentos que conforman a Fundación Granell.

Compartir: