EDUCACIÓN

O XII Concurso Literario Ánxel Casal xa ten gañadores

16/05/2007 O xurado do Concurso Literario Ánxel Casal, na súa edición de 2007, elixiu os gañadores nas súas tres modalidades de conto, de teatro e de poesía.

Aldara Novoa Justo, do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, co título "Memorias dunha servilleta" triunfou na categoría de conto. O segundo premio foi para Eduardo Rodríguez Louredo, do IES O Ribeiro de Ribadavia (Ourense), coa obra "Víctimas do odio". Houbo mención especial para a obra de Noelia Martínez Rey, do Colexio Divina Pastora-Salesianos de Lugo , co título "Contos de busca e inquedanza".

A modalidade de poesía tivo como gañadora a Alba Cid Fernández, do IES Xesús Ferro Couselo de Ourense, coa composición titulada "Trapecista fúlxida". O segundo premio recaeu en Olalla Tuñas Martínez, do IES Virxe do Mar de Noia, co título "Versos invariábeis".

Finalmente, o título gañador na categoría de teatro foi "Esperpentos actuais", de Andrea Porto Mato, alumna do Colexio Manuel Peleteiro.

Compartir: