CAPITAL CULTURAL

A Banda Municipal de Música inicia o segundo ciclo de 'Postais'

03/01/2024 A Banda de Música Municipal de Santiago arranca o segundo ciclo de concertos da temporada que se desenvolverán ata o próximo mes de maio no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia, así como as tradicionais propostas ao aire libre dentro das Festas da Ascensión.. En total será unha serie quince concertos para un público variado que comenzará este sábado ás 12:00 no Teatro Principal coa proposta "dende a maxia de Oriente", con motivo do Día de Reis.

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, acompañado polo director da BMSC, David Fiuza, presentaron esta mañá a programación do segundo ciclo da tempada 2023-2024 da Banda Municipal de Santiago, que baixo o título 'Postais', que ofrecerá un total de quince concertos ao longo dos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio.

A concelleira de Capital Cultural recordou que co programa 'Postais', "propoñemos en cada concerto unha viaxe a algún lugar do mundo a través da súa música que se pecha coa volta a casa cunha proposta de música galega".

Míriam Louzao destacou a colaboración da BMSC con diversas institucións como a Federación Galega de Bandas, os Amigos da Ópera de Santiago, a Xunta de Confrarías de Santiago ou outras entidades como A Cova das Letras, a Academia LoDanzas, a Agrupación Troyanos de Compostela ou a Escolanía da Catedral, entre outras, "un claro exemplo de que a Banda colabora co entramado cultural e social da cidade", así como a participación dun amplo abanico de solistas, actores e actrices e bailaríns/as e diversas voces que configuran "un programa ben atractivo".

A edila tamén subliñou dentro da programación, os concertos didácticos en familia, as homenaxes a Frida Kahlo ou Rosalía de Castro e as pezas de recuperación de música galega e convidou á toda a veciñanza a asistir aos concertos, e de forma especial a "aquelas persoas que nunca foron, para que lle dean unha primeira oportunidade porque sempre se repite".

Programación

David Fiuza recordou que o segundo ciclo de 'Postais' trae de novo as fotografías de Alejandro Piñeiro, inspirada no contido musical e no repertorio da obra e destacou "o peso da música galega" nos repertorios dos concertos.

Este segundo ciclo inaugurarase o vindeiro sábado 6 de xaneiro ás 12:00 horas no Teatro Principal co concerto "dende a maxia de Oriente", dirixido por David Fiuza, con música centroeuropea clásica e a estrea de tres composicións de música galega: 'Rafael e Chula', unha muiñeira do propio Alejandro Piñeiro; 'A xeito de foliada', de León Durán; e 'O Banquete de Conxo', do compositor Andrés Álvarez. No mes de xaneiro tamén terán lugar o 14 de xaneiro un concerto didáctico en homenaxe a Frida Kahlo; e o concerto "Miñatos de vran", unha zarzuela con libreto de Otero Pedrayo, o vindeiro 21 de xaneiro.

A programación continuará ao longo dos meses de febreiro, marzo, abril e pecharase no mes de maio, no que a BMSC tamén ofrecerá dous concertos ao aire libre no marco das Festas da Ascensión os días 9 e 12 na praza da Quintana. O director da BMSC fixo un repaso por todo o ciclo, destacando o concerto homenaxe a Rosalía de Castro 'dende os cantares galegos' que terá lugar o 23 de febreiro en colaboración co Coro Cardenal Quiroga; os concertos do mes de marzo con temática e participación de solistas e directorias, en liña co 8M ou o concertos 'dende a espiritualidade' coincidindo coa Semana Santa.

Direcciones relacionadas



Compartir: