UMAD

O Concello súmase ao Día mundial da loita contra a SIDA cunha campaña centrada na discriminación das persoas co VIH

30/11/2023 Nos últimos anos, o Concello de Santiago, en colaboración con diferentes asociacións sensibles ao VIH, desenvolveu diferentes accións para a visibilización deste tema. Nesta ocasión, ponse o foco na sensibilización respecto da discriminación das persoas co VIH, coa difusión da campaña lanzada polo Ministerio de Sanidade baixo o lema BICOS A TODAS AS PERSOAS CO VIH ÁS QUE LLES NEGAMOS BICOS. Tamén se instalará unha mesa informativa na biblioteca Concepción Arenal durante a xornada de mañá.

Con motivo do Día Mundial de loita contra a SIDA, mañá, 1 de decembro, a UMAD únese á campaña do Ministerio de Sanidade: BICOS A TODAS AS PERSOAS CO VIH ÁS QUE LLES NEGAMOS BICOS, centrada nas persoas co VIH que continúan a sufrir situacións de estigma e discriminación, así como na prevención do VIH, a través da información e da toma de precaucións.

A campaña "#Ante o VIH. Bicos i + Bicos" busca promover entre a poboación xeral actitudes de respecto cara ás persoas con infección polo VIH, a través da sensibilización e difusión de información sobre o dereito á igualdade de oportunidades que evitan situacións de discriminación. A campaña está enmarcada no Pacto Social pola non discriminación e a igualdade de trato asociada ao VIH, impulsado desde o Ministerio de Sanidade en novembro de 2018.

Ademais, o Concello, en colaboración co voluntariado de Cruz Vermella Xuvenil de Compostela, instalará maña en fronte da biblioteca Concepción Arenal, no Campus Sur, unha mesa informativa co obxectivo de dar visibilidade a esta tema a través da distribución de folletos sobre a transmisión de enfermedades de orixe sexual e sobre onde realizar a proba rápida do VIG/sida así como de 1.200 preservativos. O edificio municipal da Zona C, antiga sede do Concello de Santiago, tamén se tinxirá de vermello con motivo desta data.

Documentos relacionados



Compartir: