OBRAS

Melloras no alumeado en San Xoan de Fecha, Carballal e Cesar

14/05/2007 A Xunta de Goberno local adxudicou diversas obras de mellora nas instalacións de alumeado público de San Xoan de Fecha (enlace entre a estrada xeral en Vilas e Ponte Vilar), Carballal e Cesar.

Tamén se procederá á instalación de iluminación nas escaleiras de Domingo de Andrade. Todas estas actuacións suporán un investimento de 34.251 euros. O prazo de execución é dun mes.

Compartir: