ALCALDÍA

Minuto de silencio polas nenos e nenas vítimas do conflito en Gaza

20/11/2023 A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola polos nenos, nenas e adolescentes, vítimas do conflito en Gaza, convocado polo Concello de Santiago e FANPA Compostela con motivo do Día Mundial da Infancia.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou no acto, ao que tamén se sumaron outros/as integrantes da Corporación e o alumnado do CEIP Quiroga Palacios. O minuto pechouse cun aplauso.

O Concello de Santiago pretende con este minuto de silencio trasladar o seu apoio e solidaridade aos nenos e nenas afectados polo conflito en Gaza coincidindo co Día Mundial da Infancia.

Compartir: