EDUCACIÓN

Os escolares composteláns amosan as súas habilidades na danza

11/05/2007 A sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia acolle o sábado 12 de maio, a partir das 19:00 horas, o certame "Compostela en danza". Será a oportunidade para ver as evolucións de alumnos de infantil, primaria e secundaria no ámbito da danza.

Os participantes realizarán ata 23 coreografías, nas que se reflectirá o traballo que en torno á danza se desenvolve en moitos centros de ensino composteláns. O espectáculo dura unha hora e media aproximadamente e nel poderanse contemplar coreografías como "A danza dos cisnes", "Cincenta", "O barbeiro de Sevilla", "O quebranoces" ou "Cats".

Participarán os centros de ensino San Xosé de Cluny, Manuel Peleteiro, Fontiñas, Pío XII e López Ferreiro, ademais do Monte dos Postes e do Xelmírez I, que se incorpora por primeira vez a esta mostra de danza. Tamén colabora nesta ocasión o Espazo de Danza da Universidade de Santiago. A entrada é de balde.

Compartir: