ALCALDÍA

Recepción ao alcalde de Xenebra

24/10/2023 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez Cruz.

O alcalde de vila suíza foi recibido no Pazo de Raxoi, onde asinou no Libro de Honra en presenza da alcaldesa e dos concelleiros Iago Lestegás (BNG), Xan Duro (CA), Sindo Guinarte (PSdG) e María Baleato (PP).

Natural da vila galega de Corme e residente desde a súa adolescencia en Suíza, onde desenvolveu a súa carreira política, Alfonso Gómez Cruz mantivo tamén un encontro coa alcaldesa para estreitar os lazos entre Xenebra e Compostela.

Compartir: