SOLIDARIEDADE

Compostela uniuse á campaña de captación de fondos da Asociación Española contra o Cancro

10/05/2007 A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) puxo en marcha un ano máis a súa tradicional Cuestación anual baixo o lema "Non permitas que o noso traballo se deteña". Con esta fin, situáronse en distintos puntos de Santiago mesas informativas e de recadación de fondos. A unha delas, no Aeroclub, acudiu o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira.

Esta actividade vai dirixida a recadar fondos para desenvolver campañas educativas e programas de prevención do cancro, así como á axuda a enfermos e familiares. Máis de 3.000 mesas colocáronse en toda a xeografía española, onde preto de 60.000 voluntarios e profesionais colaboraron activamente con máis de 70.000 petos para tal fin.

A cantidade recadada destinarase entre outros, a proxectos como o financiamento de
axudas á investigación convocadas anualmente pola Fundación Científica da AECC. Cada año diagnostícanse en Europa máis de 2.800.000 novos casos de cancro e destes, 162.000 en España.

Compartir: