CIDADES PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio da Humanidade abordan en Córdoba a reactivación económica e sostible nos centros históricos

16/10/2023 Ás Xornadas, organizadas polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e o Concello de Córdoba e que se celebran do 16 e 17 de outubro, asistiu o concelleiro de Urbanismo de Santiago, Iago Lestegás.

Córdoba acolle as xornadas técnicas organizadas polo Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, baixo o título ‘A reactivación económica e sostible nos centros históricos’, que reúne a representantes das 15 cidades, nun encontro coordinado pola Delegación para o Centro Histórico do Concello de Córdoba e que conta coa colaboración do Ministerio de Cultura e Deporte.

O presidente do Grupo e alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luis Yeray Gutiérrez, destacou que "as Cidades Patrimonio teñen o reto de harmonizar unha demanda turística crecente con eixos prioritarios como son a calidade de vida dos seus veciños; a protección e conservación dos monumentos e, ademais, o impulso á actividade comercial, artesanal e cultural dos nosos espazos históricos. Son retos de presente e de futuro, que afrontamos cunha reflexión profunda e traballo conxunto do Grupo, no momento en que se cumpre o noso XXX aniversario".

Coa relatorio "Xeografía comercial dos centros históricos", abriu as xornadas Jaime Jover, Doutor en Xeografía pola Universidade de Sevilla, e investigador no Departamento de Xeografía Humana, experto na intersección da xeografía social, a teoría urbana e os estudos patrimoniais. A continuación, Paula Cordeiro, arquitecta e site manager de Grand-Place Patrimoine Monial- Grote Msrkt Werelderfgoed van de Unesco, compartiu as "Boas prácticas en Bruxelas (Bélxica), referente á expresión comercial do seu centro histórico". Preside o Comité Internacional de Cidades e Pobos Históricos (CIVVIH), Comité Científico de ICOMOS, desde 2021.

O último relatorio da mañá, baixo o título "Programa diagnóstico e de actuación para o sector comercial do centro histórico de Córdoba", correu a cargo de Ricardo Castilla Cabezas, Ceo do Instituto de Investigación Concepto, analista de mercados e profesor de Marketing Relacional e Intelixencia de Mercados no Departamento de Xestión Empresarial da Universidade Loyola.

Pola tarde, será o momento de analizar "experiencias de desenvolvemento e o seu impacto económico nos centro histórico", con representantes de Segovia, Cáceres, Úbeda, Córdoba e Ávila. A última mesa debate da xornada aborda o "impacto da imaxe urbanística e de mobilidade na reactivación sostible dos centros históricos", con representantes de Alcalá de Henares, Mérida, Salamanca, Tarragona e Toledo.

O martes abre a xornada María Subrá, cofundadora da Asociación Contemporánea de Artes e Oficios, que colabora desde España coa Michelangelo Foundation na promoción e salvagarda do sector artesán e defenderá na súa intervención "a Artesanía como patrimonio cultural inmaterial: retos e oportunidades para o Turismo Cultural".

"O impacto económico dos bens culturais Patrimoniais da Humanidade e o caso da Mezquita", será o eixo do relatorio de Pilar Campoy, Doutora e profesora de Economía na Universidade Loyola Andalucía. Tamén é integrante do grupo de investigación da Junta de Andalucía CLIMAMODEL SEJ-511 (Modelos Multisectoriais para o Cambio Climático).

Pola súa banda, Silvia Rodríguez-Bermejo Martínez, arquitecta e xefa de Área de Protección de Patrimonio e Proxectos Europeos na Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais Ministerio de Cultura e Deporte, presentará "O Libro Verde para a xestión sostible do patrimonio cultural: unha nova ferramenta". Tamén é membro do Plan Nacional de Arquitectura Defensiva e da Oficina Técnica para o desenvolvemento de Plans de Salvagarda.

A última mesa de debate das xornadas versará sobre "o turismo integrado na vida dos centros históricos", con representantes de Baeza, Cuenca, Eivissa, San Cristóbal de la Laguna, e Santiago de Compostela.

Así mesmo espérase a asistencia do sector comercial e empresarial do centro histórico de Córdoba, xunto a colectivos asociativos, os cales participaron nas conclusións e diagnostico dun estudo que se presentará ao longo dos relatorios que levarán a cabo.

Compartir: