MOBILIDADE

O Salón do Vehículo de Ocasión volve ao recinto feiral de Amio

16/10/2023 O recinto feiral de Amio acolle do xoves ao domingo a XII edición do Salón do Vehículo de Ocasión, no que participarán máis de 25 concesionarios e compravendas da comarca. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, presentou hoxe o evento acompañado do seu organizador, Fabián Saavedra.

O XII Salón do Vehículo de Ocasión de Santiago reunirá máis de 800 vehículos con descontos especiais, que ocuparán un espazo expositivo de 17.000 metros cadrados. Os concesionarios traerán ao recinto ferial de Amio unha ampla variedade de coches e motos, desde vehículos quilómetro 0 a vehículos usados, de diferentes gamas. Haberá tamén coches eléctricos e híbridos, atendendo a unha demanda cada vez maior por parte dos e das conductoras.

Fabián Saavedra explicou que o obxectivo do salón "é que as persoas interesadas en comprar un vehículo teñan ao seu dispor a oferta máis ampla e variada, con propostas desde os 5.000 ata os 70.000 euros, con posibilidade de entrega inmediata, e sen ter que botar semanas percorrendo concesionarios". O organizador do evento salientou tamén que "este ano haberá en torno a un 25% de vehículos híbridos e eléctricos, a maioría deles de quilómetro 0, porque vemos que cada vez hai unha maior demanda deste tipo de coches".

O XII Salón do Vehículo de Ocasión estará aberto de 10 a 20 horas, de xoves a domingo. A entrada custará tres euros, ainda que os menores de 12 anos poderán acceder de balde.

Compartir: