ALCALDÍA

Un atleta de 68 anos percorre o Camiño de Santiago en seis días e dezaseis horas

10/05/2007 Alfredo Uría Rodríguez, un atleta de 68 anos especialista en carreiras de gran resistencia, bateu a mellor marca do Camiño de Santiago, ao percorrer o traxecto dende Roncesvalles en seis días e dezaseis horas. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi e recoñeceu esta particular fazaña.

Para percorrer os 750 quilómetros dende Roncesvalles a Santiago, Alfredo Uría realizou longas etapas cada día dende as 7:00 ás 22:00 horas. Na ruta estivo apoiado por un ciclista, encargado da manutención e do botiquín, e por un coche de apoio.

Esta nova marca únese a outras que xa ten Alfredo Uría, como a mellor marca dos 1.000 quilómetros e das mil millas (12 días, 17 horas, 59 minutos e 19 segundos), cunha marca non mellorada dende 1995. Tamén posúe marcas nas 24 horas en pista (275,199 quilómetros), nas 48 horas en ruta (399,195), nos seis días (814,995) ou nos 100 quilómetros (7 horas, 7 minutos e 13 segundos).

O Xacobeo, o Concello de Portugalete e a firma Cuca patrocinan esta fazaña. O alcalde da vila vasca, Mikel Cabieces García, acompañou ao atleta na recepción.

Compartir: