URBANISMO

O TSXG anula a licenza da estación de carburantes de Brandia

04/10/2023 O TSXG vén de confirmar a sentenza de derrubo da estación gasolineira de Brandia, ao desestimar o recurso presentado polo Concello, Carburantes Lugo e o Colexio de Arquitectos/as ante a resolución de primeira instancia ditada polo Xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

A efectos prácticos, isto significa que a licenza para a construción da estación de carburantes de Brandia queda anulada por esta sentenza xudicial.

Os servizos xurídicos municipais están a estudar a executabilidade desta sentenza e, nese sentido, o departamento de Urbanismo agarda polo informe da asesoría xurídica para adoptar as medidas que determine. Se a sentenza devén firme, a consecuencia da nulidade da sentenza é o derrubo do construído.

Compartir: