PROMOCIÓN ECONÓMICA
A xornada foi inaugurada pola concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, e pola presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira. A tenenta de alcaldesa mostrouse convencida de que "outro modelo produtivo é necesario para avanzarmos en termos de progreso económico e social, e ese modelo pasa por iniciativas de economía social e solidaria que, ademais, deben construirse en clave feminista". María Rozas lembrou que as nas cooperativas ou sociedades laborais "existe unha menor fenda salarial de xénero, hai máis mulleres en postos directivos, e é máis doado acollerse a medidas en prol da conciliación". A concelleira lembrou que en Santiago temos máis de 100 cooperativas e case 70 sociedades laborais, "moitas delas impulsadas por mulleres que demostran unha enorme capacidade de traballo, pero sobre todo talento, creatividade e sororidade que nos fan sentirnos orgullosas".
Pola súa banda, Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop salientou "a importancia que o modelo cooperativo ten para as mulleres en xeral e en Galicia en particular. Trátase dun modelo paritario que promove a igualdade entre homes e mulleres, motivo polo que esta fórmula é escollida por moitas mulleres á hora de emprender os seus proxectos empresariais. Hai cooperativas só de mulleres, outras con maioría de mulleres e moitas presididas por mulleres, ocupando postos que ata agora estiveron capitalizados por homes".
A metade das cooperativas de EspazoCoop están presididas por mulleres
Esta xornada de Emprendemento Feminino ten os obxectivos fixados en: dar a coñecer as vantaxes e potencialidades da cooperativa para fomentar o emprendemento feminino, identificar sectores de actividade con potencialidade emprendedora no ámbito de Santiago, coñecer boas prácticas de emprendemento feminino na economía social, e xerar un espazo de networking que favoreza o coñecemento mutuo e a identificación de intereses que poida ser semente para procesos de creación e intercooperación.
Para alcanzalos, expuxéronse os traballos de diferentes cooperativas socias de EspazoCoop formadas por mulleress: Comunidade Creativa S. Coop. Galega (Potenciar a mulleres creativas de xeito colectivo), 7 H Cooperativa Cultural S. Coop. Galega (Rachando estereotipos), Flying Fun S. Coop. Galega (actividades para achegarse ao inglés), Arabías S. Coop. Galega (Fomentando a igualdade), e O Cable Inglés S. Coop. Galega (Comunicación e proxectos).
Esta Xornada é unha iniciativa que se realiza dentro do programa de colaboración co Concello de Santiago, que busca dar a coñecer as oportunidades que ofrece o sector da economía social, fundamentalmente o cooperativismo, para os emprendementos que realizan as mulleres, debido ao seu carácter participativo, de recoñecemento da diversidade e de defensa da equidade.
EspazoCoop
A Unión de Cooperativas Espazocoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores, que ten como obxectivo agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperativismo, como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria.
O cooperativismo, motor para o emprendemento feminino
26/09/2023 A Xornada "Somos mulleres, somos emprendedoras, somos economía social", que achega o traballo de cooperativas de EspazoCoop formadas por mulleres, foi inaugurada esta mañá pola concelleira de Promoción Económica, María Rozas, e a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira.
No día de hoxe celebrouse a xornada "Somos mulleres, somos emprendedoras, somos economía social", iniciativa organizada por EspazoCoop xunto ao Concello de Santiago, no marco de convenio de colaboración que manteñen ambas as dúas entidades para impulsar un ecosistema emprendedor baixo modelos empresariais de economía social.A xornada foi inaugurada pola concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, e pola presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira. A tenenta de alcaldesa mostrouse convencida de que "outro modelo produtivo é necesario para avanzarmos en termos de progreso económico e social, e ese modelo pasa por iniciativas de economía social e solidaria que, ademais, deben construirse en clave feminista". María Rozas lembrou que as nas cooperativas ou sociedades laborais "existe unha menor fenda salarial de xénero, hai máis mulleres en postos directivos, e é máis doado acollerse a medidas en prol da conciliación". A concelleira lembrou que en Santiago temos máis de 100 cooperativas e case 70 sociedades laborais, "moitas delas impulsadas por mulleres que demostran unha enorme capacidade de traballo, pero sobre todo talento, creatividade e sororidade que nos fan sentirnos orgullosas".