PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica fomenta o investimento en publicidade do sector comercial da cidade

09/05/2007 O concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, asinou catro convenios de colaboración con Cadena COPE-Radio Popular, Cadena Ser-Radio Galicia, Grupo Correo Gallego, e Onda Cero-Europa FM, para o fomento do investimento en publicidade por parte do sector comercial do Concello de Santiago. En vindeiras datas está previsto que asinen o convenio Compostelavisión, S.L. (Localia) e o Grupo Voz.

Os documentos establecen as bases de cooperación, entre as partes asinantes, do Programa de fomento e investimento en publicidade e promoción comercial. Enmárcanse no programa Compostela Capital de Compras, que ten como obxectivo dinamizar e impulsar o comercio compostelán para convertilo nun referente e liderar o sector na euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.

Grazas a esta colaboración, os comercios participantes no Concurso de Escaparatismo SCQ Shooping e no Concurso de I+C. Imaxinación máis Comercio, e as persoas físicas ou xurídicas beneficiarias das liñas de subvencións de Compostela Activa, Equal Compostela Social, Persoa e dos demáis programas de creación de empresas da Concellaría, poderán contratar a inserción de publicidade nos medios de comunicación locais asinantes en condicións máis vantaxosas. É o segundo ano consecutivo que se asinan convenios deste tipo cos medios de comunicación.

Os medios de comunicación asinantes comprométense a manter, ata o 31 de decembro do 2007, as tarifas especiais que figuran nos anexos dos convenios e que se publicarán na páxina web da Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Comercio, www.maiscompostela.org; e a comunicar a informar regularmente das persoas ou entidades que fan uso do Programa de fomento do investimento en publicidade e promoción comercial.

Compartir: