EDUCACIÓN E MOCIDADE
Dirixidas a profesionais dos centros de ensino (pedagogos, terapeutas, orientadores, etcétera), asociacións, colectivos e profesionais de servizos de seguridade (policía local, bombeiros e protección civil, entre outros), as xornadas están impartidas por técnicos da Dirección Xeral de Tráfico na Escola Municipal de Música de Santiago.
Póñense en marcha as II Xornadas Técnicas sobre Educación Viaria
26/05/2005 Durante os días 26 e 27 de maio, o Departamento de Educación e Mocidade organiza varios obradoiros sobre educación viaria, a fin de mellorar a autonomía viaria do persoal dos centros de ensino e da cidadanía en xeral a súa autonomía viaria.
Co fin de promover un espazo de encontro, de formación e de participación e concienciar aos colectivos que traballan no ámbito da educación viaria e a autoprotección, o departamento de Educación e Mocidade do Concello está a organizar as II Xornadas Técnicas de Educación Viaria.Dirixidas a profesionais dos centros de ensino (pedagogos, terapeutas, orientadores, etcétera), asociacións, colectivos e profesionais de servizos de seguridade (policía local, bombeiros e protección civil, entre outros), as xornadas están impartidas por técnicos da Dirección Xeral de Tráfico na Escola Municipal de Música de Santiago.