CULTURA

"Compostelarte" reune no Auditorio a obra pictórica de sete artistas composteláns

08/05/2007 A sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia acollerá ata o 2 de setembro a exposición "Compostelarte", que reúne a obra pictórica de sete artistas nado ou residentes en Santiago.

Os artistas que participan na mostra son: Raquel Blanco, Zurzo Martiño, Romero Masiá, Morquecho, Soledad Pite, Vicente Prego e Xosé Vivián. Todos eles comezaron a expoñer a partir da década dos 80 e contan con máis de dúas décadas de traballo, cunhas visións moi diferentes, pero unidos nunha evolución que vai da abstracción á figuración.

A selección de artistas e o catálogo realizouna Antía Otero, coa colaboración de Antón Sobral, que traballan tamén no deseño dun DVD coa idea de difundir a obra destes artistas entre o público máis novo.

A exposición inaugurarase o mércores 9 de maio, ás 20:30 horas, e contará coa presenza do concelleiro de Cultura, Néstor Rego; da comisaria da mostra, Antía Otero, e dos artistas. A mostra poderase visitar todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, agás os días de concerto, que pechar ás 19:00 horas.

Compartir: