CENTROS SOCIOCULTURAIS
Tamén comezarán o luns as actividades dos "Clubs de verán" nos CSC de Conxo, O Romaño, San Lourenzo, Fontiñas e O Ensanche. O prazo de inscrición segue aberto xa que aínda hai prazas disponibles para participar nesta iniciativa dirixida á cativada e mocidade entre os 5 e os 16 anos.
Ademais, durante o mes de xullo, os centros do Ensanche, Fontiñas, da cidade histórica e do Romaño, abrirán tamén pola tarde, ofrecendo actividades variadas.
No exterior, o programa ofrece a partir da semana que vén a primeira sesión de danza nos parques, cun espectáculo o luns a partir das 18:00 horas na Alameda compostelá, ao lado da igrexa. Haberá tamén espectáculos en zonas verdes como o de Raquel Queizás ás 18:00h, Lois Carreira contos ás 18.45h e Luis Correia ás 21:00 horas no espazo exterior do CSC Maruxa e Coralia, no marco do Festival Atlántica.
A semana que vén tamén darán comezo varias actividades ao aire libre como Taichi e Chi kung, 'Argallando no carballo' e 'Pintamos no parque' para un público familiar ou ParKour para a mocidade.
Pecharase a semana o venres 7 de xullo coa a primeira sesión de 'Lecturas na natureza' no parque de Galeras e cunha ruta circular desde o CSC Conxo. Ambas propostas terán lugar ás 11:00 horas e están dirixidas a un público adulto.
Ademáis, 'Vive o verán' tamén propónunha ampla e variada oferta de espectáculos para todos os públicos que percorrerán durante o mes de xullo en espazos ao aire libre como o xardín do CSC Maruxa e Coralia, a praza José Saramago do CSC de Vite, a carballeira do Banquete de Conxo ou os parques de Cotaredo e Pontepedriña.
Vive o verán
Vive o verán volve un ano máis aos centros socioculturais urbanos e rurais do municipio, ofrecendo máis de 40 actividades dirixidas a un público interxeracional, tanto para familias, persoas adultas como para os máis novos. O programa está dividido en varios bloques: as "Cativadas de verán", os "Clubs de Verán" e "Verán mozo", para os máis mozos; as actividades dirixidas a un público adulto que se desenvolverán nos CSC de Fontiñas, Trisca, Ensanche, Romaño e Maruxa e Coralia, así como a oferta ao aire libre para un público familiar como "Verán nos parques" e os roteiros de "Paseando no verán". Tamén volven e os tradicionais "Espectáculos de Verán" que terán lugar en varios centros ao longo do mes xullo.
Con este programa estacional que os CSC levan desenvolvendo durante anos, preténdese facilitar que a veciñanza poida desfrutar do verán como un tempo para un lecer educativo, comunitario e de achegamento aos espazos abertos da cidade, barios e parroquias, ofrecendo unha chea de propostas para públicos diversos, todas de balde, agás as Cativadas de Verán.
Ademais, os traballos artísticos da iniciativa "O Museo máis pequeno da cidade" continuarán expostos ata o 14 de xullo nos establecementos da cidade e para o mes de setembro se prevé a inauguración da mostra ao aire libre "espazos socioculturais en trazos", con 45 debuxos realizados por David Orihuela que percorrerán os diferente barrios e parroquias do municipio. Estes debuxos formaron parte da intervención artística dos CSC que no mes de decembro estivo na igrexa de San Fiz, representando o Belén elaborado nos centros socioculturais.
A programación pode consultarse na web do concello, nas redes sociais dos Centros Socioculturais, e nos mesmos centros. A información das distintas actividades pode descargarse escaneando o código QR que aparece no folleto informativo, cos detalles sobre o procedemento e lugar de inscrición. No caso dos espectáculos de verán, non é preciso inscripción previa.
O vindeiro luns arrancan múltiples actividades no marco do programa 'Vive o verán' que organiza a Rede de CSC de Santiago
30/06/2023 Un total de 350 cativos e cativas participarán nas distintas quendas das 'Cativadas de verán' que comenzan a partir do vindeiro luns nos CSC de Vite, Ensanche, Castiñeiriño, Pontepedriña, Santa Marta e nas parroquias de Laraño, Figueiras, Nemenzo, A Gracia, Bando, Lavacolla e Marrozos. A próxima semana tamén arrancan os "Clubs de Verán", as actividades ao aire libre e os espectáculos de verán que percorrerán varios espazos da cidade.
O vindeiro luns, 3 de xullo, arrancará o programa de "Cativadas de verán" en varios centros socioculturais urbanos e rurais, no que participarán un total de 350 cativos e cativas que poderán gozar da oferta matinal con horario extensivo.Tamén comezarán o luns as actividades dos "Clubs de verán" nos CSC de Conxo, O Romaño, San Lourenzo, Fontiñas e O Ensanche. O prazo de inscrición segue aberto xa que aínda hai prazas disponibles para participar nesta iniciativa dirixida á cativada e mocidade entre os 5 e os 16 anos.