DEPORTES

As entidades deportivas da cidade repartiranse 70.000 euros para actividades puntuais

07/05/2007 A Concellaría de Deportes destinará 70.000 euros aos clubs ou entidades que pretendan realizar actividades puntuais ao longo de 2007. A Xunta de Goberno aprobou as bases desta convocatoria, cuxo prazo de solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro.

Estas subvencións teñen por finalidade a promoción das entidades, clubs deportivos federados, federacións deportivas e asociacións en xeral, non profesionais, para a realización de actividades deportivas puntuais durante 2007. A contía máxima á que poderá acceder cada beneficiario é de 7.000 euros. As solicitudes, acompañadas da documentación pertinente, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (Rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo).

Compartir: