ALCALDÍA

O Concello homenaxea o persoal con máis de 30 anos de antigüidade

25/05/2023 O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá un almorzo co gallo do día de Santa Rita, patroa dos funcionarios, durante o que se celebrou un acto de homenaxe e de entrega dun agasallo aos traballadores e traballadoras municipais que levan 30 ou máis anos ao servizo do Concello de Santiago e da cidadanía.

Durante o acto recolleron a súa distinción Francisco Javier Fernández Muñoz, María Esther Sánchez Espiñeira, Mari Carmen Lemos González, Sonia Mira López, María Teresa Pena González, Mónica Oliveira Vecino, María Pilar Rubín Paz, María Manuela Mariño Betanzos, Antonio Mira Martínez, María Jesús Iglesias Botana, José Amancio Pena Torreira, Fernando Peleteiro Fernández, Manuel Carlos Turnes Fraga, María Jesús Bouzas Ferreiro, María Dolores Soto Meijomence, Carlos Domingo Rey Sánchez. María del Carmen Aldrey Castiñeiras, Gabriel Monteagudo Romero, Carmen Conde García, Juan José Picón Neo, José Manuel Mejuto Castro, José Ramón Baliñas Freire, Ramón Varela Espido, José Rey Camino, Gregorio López Albardonedo, José Luis Míguez Rivadulla, Juan Luis Pena Quintáns, Casiano Mouriño Maquieira, María Moreno Berguer, Carlos Tomé Seoane, Francisco Javier Ferreiro Campos, Celso Cela Regueiro, Vicente Martín Arastey, Carlos Mirás Bello, María Josefa Cabrera Fontenla, Amalia María Seoane Otero, Teresa Castaño Solar, Luis Manuel Mariño Blanco, Inmaculada Peleteiro Rodríguez, José Romero Franco, José María Tubío Piñeiro, Jesús Martínez Asorey, José Ramón Paderne Ferreiro, Rosana Castelo Sánchez, María Aida Cuiñas Montero, José Carlos Miramontes Antelo, Jesús Barreiro Blanco, María Isabel Valiño López.

Os homenaxeados recibiron cadansúa figura de Maruxa e Coralia, de mans do alcalde, a concelleira de Persoal, Marta Abal, e os voceiros dos grupos municipais Sindo Guinarte (PSOE), Goretti Sanmartín (BNG), María Rozas (Compostela Aberta) e Xosé Antonio Constenla (PP). No acto tamén estiveron presentes outros membros da Corporación municipal.

Pechou o acto o alcalde, que agradeceu aos traballadores e traballadoras o seu esforzo e dedicación durante a todos estes anos ao servizo da cidadanía e do Concello.

Compartir: