DEPORTES

Máis de 150 deportistas participarán este sábado na I Copa Galega e no I Open Cidade de Santiago de Marcha Nórdica

04/05/2023 Este sábado 6 de maio terá lugar a I Copa Galega Xunta de Galicia e o II Open Cidade de Santiago de Marca Nórdica, dúas probas organizadas pola sección de Marcha Nórdica do Club Vía Láctea en colaboración do Concello de Santiago, e a Federación Galega de Montañismo. Será un evento benéfico xa que se destinará unha parte do importe da inscripción á Cruz Vermella.

A I Copa Galega Xunta de Galicia e o II Open Cidade de Santiago de Marcha Nórdica, contará conxuntamente coa participación de 162 persoas inscritas, procedentes de varias Comunidades Autónomas. As dúas probas celebraranse na Alameda de Santiago a partir das 17:00 h. Previamente, levarase a cabo unha andaina semiurbana de 11:00 a 12:00 h na propia Alameda e a presentación da modalidade de marcha nórdica, Nordic Power, na libraría AENEA.

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; a presidenta da Federación Galega de Montañismo, Josefina Maestú; e a representante do Club Vía Láctea, Mª José Rodríguez Otero, presentaron esta mañá este dobre evento deportivo de marcha nórdica nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi.

O circuíto, que percorrerá o "paseo da Ferradura" da Alameda compostelá, ten unha distancia de 2,44 kms. A proba da Copa Galega finalizará cando o marchador/a complete as 5 voltas deste percorrido, facendo un total de 12,2 kms. Pola súa parte, os participantes do Open Cidade de Santiago só darán 3 voltas, completando unha distancia de 7,3 kms pasando igualmente por meta en cada volta. O tempo máximo para completar o circuíto será de 2 horas 30 minutos.

A organización non cortará en ningún momento o tránsito dos paseantes da Alameda.

As categorías Masculino e Feminino cubre: categoría Absoluta (maiores de 16 anos), sub-categoría Junior (16 a 17 anos), sub-categoría promesa (18 a 23 anos), sub-categoría sénior (24 a 39 anos), sub-categoría veterana A (de 40 a 49 anos), sub-categoría veterana B (de 50 a 59 anos), sub-categoría veterana C (de 60 a 69 anos), sub categoría veterana D (a partir dos 70 anos).

O mesmo que o ano anterior, o evento está dedicado á Cruz Vermella, convertendo así a este evento nun acto benéfico. Pola súa gran labor na protección da vida humana, da súa saúde e garantindo o respecto e protección a todas as persoas sen ningún tipo de discriminación. Deste xeito, unha parte do importe da inscrición estará destinado a este organismo, que tamén estará presente aportando voluntarios e unha ambulancia, así como levando a cabo a venda dos seus boletos do sorteo do Ouro, a sua maior fonte de ingresos.

Promoción da Marcha Nórdica
Este campionato pretende dar visibilidade a un deporte emerxente como é a Marcha Nórdica con bastóns, que ademáis de ter múltiples beneficios para a saúde, pódese practicar a calquera idade, en distintas intensidades e sen requerir ningún tipo de condición física.

Ademáis tamén se quere cubrir a necesidade que teñen os marchadores/as profesionais galegos/as para poder competir na nosa comunidade e non ter que desprazarse a outras comunidades, o cal ten un coste añadido que non todos poden asumir. A motivación a entrenar nesta modalidade deportiva é maior conseguindo cada vez máis marchadores/as galegos.

Horarios
Os horarios da xornada son os seguintes:

11:00 - 11:30 h BRIEFING presencial na librería AENEA de Santiago, que tamén será retransmitido por streaming.
12:00 - 13:30 h Recollida de dorsais. no mesmo parque da Alameda.
11:00 - 12:30 h Andaina semiurbana de Marcha Nórdica.
12:30 - 13:30 h Presentación do NORDIC POWER.
17:00 h Saída da I Copa Galega Xunta de Galicia + II Open Cidade de Santiago.
20:00 Entrega de trofeos.
21:00 h Cea de confraternidade.

Compartir: