CULTURA

Convenio de Cultura coa Sala Yago para a o desenvolvemento da súa programación

04/05/2007 O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asinou un convenio de colaboración coa Sala Yago, polo que o departamento que dirixe achegará a contía de 25.000 euros para o desenvolvemento da programación cultural deste espazo. No acto de sinatura tamén estivo presente, por parte da Sala Yago, a actriz Luma Gómez.

Segundo indicou Néstor Rego, a contía establecida no acordo pretende colaborar cunha programación que inclúe eventos coma "Títeres no Yago", "Títeres para a Escola", "Teatro no Yago" ou "Teatro para o ensino medio". A este respecto, o titular de Cultura quixo resaltar o feito de que este espazo cultural de Compostela é dos poucos que ofrece títeres na súa programación.

Pola súa banda, Luma Gómez quixo agradecer a colaboración prestada pola Concellaría de Cultura. Ao mesmo tempo, tamén sinalou que a contía que establece o convenio é "imprescindible" para que a Sala Yago siga adiante con todos os programas e proxectos.

Compartir: