MERCADOS

Mercagalicia aproba as contas anuais de 2006 cun beneficio de 99.283 euros

03/05/2007 Baixo a presidencia do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, celebrouse esta mañá a Xunta Xeral Ordinaria e a reunión do Consello de Administración de Mercagalicia (Mercados Centrais de Abastecemento de Santiago S.A.). O principal punto da orde do día da Xunta foi a aprobación das Contas Anuais e do Informe de Xestión do exercicio 2006. No Consello examináronse os orzamentos da obra de reparación do peche da Unidade Alimentaria.

As contas anuais de Mercagalicia pecháronse en 2006 cun beneficio neto de 99.283 euros e un activo/pasivo de 5.683.725 euros. Os beneficios destinaranse a compensar as perdas de exercicios anteriores. Estas satisfactorias contas son a xuízo do conselleiros o reflexo fiel da situación financeira e patrimonial da sociedade.

O Consello de Administración examinou e aprobou a obra de reparación do peche da Unidade Alimentaria, ante o mal estado do valado da devandita unidade. Ademais procederase á construción dun muro de peche da parcela anexa á mesma.

Compartir: