ALCALDÍA

Relevo na Oficina Local de Tráfico

03/05/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Circulación e Uso da Vía Pública, Xosé Baqueiro, recibiron á nova xefa da Oficina Local de Tráfico, Ana Beltrán.

Sánchez Bugallo reiteroulle a dispoñibilidade do Concello para seguir colaborando coa Oficina Local de Tráfico tal como se veu facendo ata agora, especialmente nesta etapa de implantación progresiva do carné por puntos. Ana Beltrán, que sucede no posto a outra muller, Ana Martínez.

Despedida

Tamén foi recibido en Raxoi foi o director de Inspección Médica da Área Sanitaria de Santiago de Compostela, Manuel Tojo Reboredo, que deixa o seu cargo.

Compartir: