CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC de Vite celebra a súa XVI Semana-Aniversario

02/05/2007 Entre o mércores 2 de maio, e o vindeiro sábado día 5 o Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite celebra a súa XVI Semana-Aniversario, que será inaugurada ás 20.00 horas pola concelleira Guadalupe Rodríguez.

O acto de inauguración que se celebrará hoxe estará amenizado pola coral "José Saramago". Non é a única actividade preparado para esta xornada: ás 17.30 horas da tarde comezará un obradoiro para nenos de adornos limpapipas. Ás 19.00 toca o turno ao obradoiro de xoias e fimo, e para os maiores, taller de memoria co título "Pensa e Atrévete".

As actividades do xoves día 3 comezarán ás 12.00 h. cun encontro entre os veciños e os actores Eusebio e Roberto da serie da TVG "A vida por diante". Ás 17.30, obradoiro de papiroflexia para nenos e rota de sendeirismo (para todas as idades), con café incluído. Ás 18.30, ludochapas para os máis pequenos e ás 23.30, concerto de hip hop a cargo de Demis.

O venres 4 ás 12.00, Nely Gómez, técnica superior en Dietética e Nutrición, impartirá a charla "Pautas para unha dieta saudable. Elaboración de menús sans, fáciles e rápidos". Ás 17.30, "cociñamos todos", un obradoiro de preparación dunha festa infantil; e concurso de informática para maiores. Ás 19.00, festa infantil e para rematar o día, actuación dos grupos de rock D-Boas e Manuelítico, ás 22.30 h.

Para o sábado, entre ás 11.00 e ás 21.00, o centro ten preparada para os maiores unha viaxe á Coruña que inclúe a asistencia ao baile do Centro de Maiores do Barrio das Flores. O día 9 serán os maiores coruñeses os que se acheguen a Vite apra participar no baile que organiza o centro compostelán.

Os novos poderán disfrutar o sábado do campionato de fútbol 3, a partir das 10.30. Ás 11.30 haberá un obradoiro infantil de preparación dun agasallo para o día da Nai, e a partir das 17.00, inchables para os pequenos da casa.

Así mesmo, durante a celebración da XVI Semana-Aniversario poderá visitarse a exposición "A historia vai por barrios. Vite e Guadalupe" no Salón de Actos do centro, onde tamén se proxectará de forma continuada o filme realizado polos rapaces da zona "Vite, unha historia que contar".

Compartir: