ALCALDÍA

Traballo en conxunto para facer do Tambre a mellor área empresarial de Galicia

02/05/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á nova xunta directiva da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, encabezada polo seu novo presidente, Jesús Chenel.

Na xuntanza, os empresarios expuxéronlle ao alcalde as súas demandas e amosáronlle a súa total disposición para colaborar e traballar co Concello cara conseguir a mellor e máis grande área empresarial de Galicia. Sánchez Bugallo faloulles das actuacións que o Concello ten previstas nesta dirección.

Compartir: