CENTROS SOCIOCULTURAIS

As actividades xuvenís dos centros socioculturais fanse visibles no novo Espazo Xove

30/04/2007 A concelleira de Centros Socioculturias, Guadalupe Rodríguez, presentou o Espazo Xove da Rede Sociocultural. Esta iniciativa pretende amosar, dun xeito diferenciado do resto de actividades dos centros, as realizadas especificamente para o público xuvenil.

O Espazo Xove é un servizo para promoción de actividades e iniciativas de cultura e ocio de xente moza. Participan os centros socioculturais de Fontiñas, Vite, A Trisca, Castiñeiriño e Conxo. "Queremos así facer visible o noso interese polos mozos, que eles participen e fagan á súa vez atractivos os centros socioculturais para outros mozos", indicou a concelleira.

A oferta trimestral de cada un dos centros aparece reflectida en cinco tarxetas diferentes, con cores distribuídas en ondas, para dar a imaxe duns centros socioculturais como espazos "fluídos, dinámicos e creativos". Esa diferenza de cores entre cada centro fala da "oferta diferenciada de cada un deles e da distinta realidade de cada barrio".

Compartir: