POLÍTICAS SOCIAIS
A peza, interpretada polos grupos Teatro sin papeles e Teatro del abrazo, contará coa actuación dos actores David Bingong e Moisés Mato. As entradas serán de balde e poderán sacarse desde dúas horas antes do comenzo da obra, ás 18.30 H, na billeteira do Teatro Principal.
Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas
A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas celebra este mes de febreiro o seu sétimo aniversario como gran movemento social galego en resposta ás políticas europeas fronte ás persoas que fuxían de forma masiva da guerra de Siria.
Nestes sete anos, a Rede desenvolveu diferentes iniciativas co fin de manter en Galicia a presión social contra as políticas de migración e refuxio dos países da UE e tamén de España. Tamén levou a cabo iniciativas consolidadas como o círculo de silencio mensual de Compostela.
A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas e a UAMI traen a Santiago a obra 'Bajo el mismo sol'
22/02/2023 O Teatro Principal acollerá o vindeiro domingo 26 de febreiro, ás 18.30 horas, a peza de teatro 'Bajo el mismo sol', que constitúe un símbolo na loita contra o racismo e a discriminación política e social contra as persoas migrantes e racializadas. Esta cita cultural está promovida pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, en colaboración co Concello de Santiago, coincidindo coa celebración do seu sétimo aniversario.
Con motivo do seu sétimo aniversario, a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas en colaboración co Concello de Santiago a través da UAMI, traen este domingo a Santiago a obra 'Bajo el mismo sol' que trata sobre a loita contra o racismo e a discriminación política e social contra as persoas migrantes e racializadas.A peza, interpretada polos grupos Teatro sin papeles e Teatro del abrazo, contará coa actuación dos actores David Bingong e Moisés Mato. As entradas serán de balde e poderán sacarse desde dúas horas antes do comenzo da obra, ás 18.30 H, na billeteira do Teatro Principal.