LIMPEZA

Os aseos públicos a carón da Policía Local serán reformados para adaptalos ás persoas con problemas de mobilidade

30/04/2007 O Goberno local deu o visto bo ao proxecto de reforma dos aseos públicos situados na esquina da rúa Trindade-Costa do Cristo, a carón da Policía Local. Investiranse 59.979 euros nunha actuación que pretende adaptar estes aseos ás persoas con dificultades de mobilidade.

Desaparecerán as dúas entradas e crearase unha única. Dentro habilitarase un distribuidor que dará acceso áos aseos masculinos, femininos e a un novo para persoas con mobilidade reducida. As obras teñen un prazo de execución de 30 días, polo que estarán listas antes do verán.

Compartir: