FUNDACIÓN GRANELL

A Fundación Granell celebra dúas xornadas de portas abertas ao público

25/05/2005 Co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos, o pasado 19 de maio, a Fundación granell celebra dúas xornadas de portas abertas ao público que queira coñecer por dentro esta institución. As visitas guiadas terán lugar ás 12 horas da mañá e ás 17 e 18 horas da tarde.

Durante estas xornadas de portas abertas público en xeral, poderá coñecer de primeira man o funcionamento da institución museística e os seus diferentes departamentos. A entrada ao museo durante estos días será totalmente gratuíta.

A Fundación Granell consta de departamentos como o de prensa, dedicado á difusión dos contidos conceptuais que xeran as actividades culturais do museo; o pedagóxico, que achega a arte a xente de todas as idades mediante talleres e visitas guiadas, entre outras actividades; o departamento de restauración e conservación, necesario para a conservación e rexistro das obras de arte que pasan temporalmente polo museo ou para os fondos da colección permanente; o servizo de biblioteca, cunha sala de lectura para aquelas persoas interesadas polo surrealismo, e un arquivo documental para investigación.

Compartir: