DEPORTES

A piscina de Santa Isabel acolle esta fin de semana o Campionato Galego Alevín de Natación, que contará con 234 participantes

02/02/2023 A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou o evento acompañada por José Ángel Rioseco Díaz, presidente do CDN (Club Deportivo Natación Cidade de Santiago), e o secretario xeral da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera Niebla.

O Campionato Galego Alevín de Inverno de Natación vaise celebrar o sábado 4 e o domingo 5 de febreiro na piscina do pavillón municipal de Santa Isabel. "Para o Concello de Santiago é unha satisfacción poder colaborar nesta copetición, na que participarán 234 nadadores (109 nenos e 125 nenas), pertencentes a 27 clubes", sinalou a concelleira. En concreto, o Club Deportivo Natación Cidade de Santiago participa con 14 deportistas.

O campionato celebrarase en horario de mañá e de tarde, comezando ás 10.00 pola mañá e ás 17.00 h por la tarde. Desta competición sairá a selección galega que participará no campionato de España por autonomías.

Esta proba, que abre a temporada de competencións, "é un reflexo da aposta do Concello de Santiago polo deporte. Podemos dicir que en 2022 Santiago foi capital do deporte de Galicia. Desde o Concello de Santiago, concretamente desde a Concellaría de Deportes, apoiamos máis de 60 eventos deportivos, entre campionatos, torneos, xornadas, etc.", salientou a concelleira, que aproveitou para lembrar que a importancia de practicar deporte: "mantennos en forma, prevé distintas enfermidades e axúdanos a manter hábitos de vida saudables".

O presidente do CDN e o secretario xeral da Federación Galega de Natación quixeron agradecer o apoio do Concello e animaron a veciñanza compostelá a asistir á competición para apoiar os José Ángel Rioseco que, ao igual que Ramón Mosquera, destacou as "magnifícas" instalacións de Santa Isabel, con 8 rúas e amplas gradas.

Compartir: