CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Rede de Centros Socioculturais únese á semana do libro

27/04/2007 Con motivo da semana na que se celebra a XXVI Feira do Libro de Santiago de Compostela, a Rede de Centros Socioculturais súmase ás actividades previstas cun amplo programa de contacontos.

As actividades comezan hoxe mesmo no centro de Cardenal Quiroga, a partir das 19:00 horas, coas historias que trae Trinke-Trinke, compañía de contacontos con personaxes divertidos para nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 9 anos.

Para o venres 4 de maio, ás 18:00 horas, está prevista unha nova sesión de contacontos no Centro Sociocultural de Sar, neste caso impartida por Soledad Felloza. Contará historias para todas as idades. Os contacontos seguirán nas vindeiras semanas, durante maio e xuño. Ademais de Soledad Felloza e Trinke-Trinke, participa como contador de contos Fran Insua.

Os centros socioculturais de Santiago veñen programando dende hai anos diversas actividades para fomentar a lectura, fundamentalmente a través da súa rede de bibliotecas, que hoxe son un referente para moitos rapaces composteláns. Precisamente, un dos centros que dispón de biblioteca, o José Saramago, celebra a partir do mércores 3 de maio a súa semana cultural.

Compartir: