MEDIO AMBIENTE

O Concello de Santiago colabora coa Mesa do Tabaco para concienciar sobre como deben refugarse as cabichas

16/01/2023 A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, presentou a campaña "Depende de TODOS" que organiza a Mesa do Tabaco coa que se distribuirán 4.500 cinceiros portátiles pola cidade. Un total de 60.000 cinceiros están sendo repartidos pr toda España no marco desta campaña.

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, presentou hoxe a campaña "Depende de TODOS", organizada pola Mesa do Tabaco, pola que se distribuirán 4.500 cinceiros portátiles por toda a cidade para facilitar que as cabichas poidan ser desbotadas correctamente e se informará ós fumadores onde debe depositarse este residuo. Castro puxo en valor o traballo de concienciación que se está a facer desde o seu departamento neste mesmo sentido "temos que ter en conta que unha cabicha contamina 50 listros de auga do noso río Sarela" polo que "todo paso para mellorar a xestión que facemos dos nosos residuos, incluso a título persoal, é positiva e imprescindible".

Entre hoxe e mañá continuará a distribución dos primeiros cinceiros portátiles nas rúas máis concorridas da cidade. "Como sociedade debemos entender a nosa responsabilidade no coidado do medio ambiente. A educación e a concienciación son una das vías máis adecuadas para construír entre todos una sociedade máis responsable, e de aí, o lema desta acción: ‘Dependede TODOS’", explicou Itziar Elizalde, directora de Relacións Institucionais da Mesa do Tabaco.

Un paso máis

Esta campaña dá continuidade ás accións de sensibilización que vén realizando a Mesa do Tabaco, entendendo que é unha das medidas máis efectivas para acabar co problema do lixo disperso e coas cabichas no chan. A través de `Depende de TODOS´, cando finalice esta campaña de inverno, distribuíronse en total máis de 60.000 cinceiros portátiles en diferentes espazos públicos de toda España.

A esta acción invernal en cidades súmase, no verán do ano pasado, a distribución de bolsas para residuos e cinceiros portátiles en varias localidades costeiras para facilitar que os residuos puidesen refugarse correctamente nas praias. Igualmente, no pasado, tamén se desenvolveron outras accións de sensibilización no punto de venda e en contornas naturais, como Concertos na Natureza.

Compartir: