PLENO

Seis novos nomes de rúas en Belvís, Fontiñas Meixonfrío

26/04/2007 O Pleno municipal aprobou a denominación para seis novas rúas: dúas en Meixonfrío, dúas en Belvís e outras dúas en Fontiñas. A urxencia da aprobación destes nomes radica en que catro delas xa están habitadas e dúas máis están a piques de estalo.

As rúas situadas no SUNP 1 de Meixonfrío son as denominadas a partir de agora Ofelia Nieto (da Rúa do Lindeiro á Rúa das Pozas) e María Mariño (da Rúa da Devesa á Rúa das Pozas). No SUNP 9 de Belvís as dúas novas rúas chamaranse Guimaraes e Cracovia. Finalmente, as dúas do Peri-Vieiro (Fontiñas) denominaranse Riga e Budapest (ámbalas dúas paralelas e con remate na Rúa da Agra do Vieiro e na Rúa de Londres).

Compartir: