ACCIÓN CULTURAL

O alcalde visita a máquina de tren "Verderón" despois da súa rehabilitación, na que colaborou o Concello de Santiago

27/12/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta mañá na estación de tren o histórico "Verderón", tras ser rehabilitado grazas a un convenio asinado entre o Concello de Santiago, o Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril (ACAF). A restauración do Verderón, levada a cabo pola empresa SATECMA, permitirá a posta en marcha de múltiples actividades culturais e educativas, especialmente coa celebración do 150 aniversario do primeiro ferrocarril Galego entre Santiago de Compostela e Vilagarcía neste ano 2023.

Grazas á vontade conxunta do Concello de Santiago, a Consellería de Cultura e a Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril a través da sinatura dun acordo o pasado mes de outubro, levouse a cabo unha rehabilitación íntegra do vagón e a locomotora, que estivo a cargo de Industrias Químicas SATECMA. O proxecto contou cun orzamento de 60.000 euros, dos que o Concello de Santiago fixo unha achega por importe de 30.000 euros, e a Consellería de Cultura, por outros 30.000 euros.

O obxectivo deste acordo era recuperar o vagón e a locomotora que tras máis de 30 anos estacionado á intemperie e por mor da pandemia, coa que cesaron todo tipo de actividades esenciais pola seguridade sanitaria, atopábase en estado de deterioro no seu exterior, aínda que en perfectas condiciones no seu interior.

A restauración do Verderón permitirá a posta en marcha de múltiples actividades culturais e educativas, especialmente dirixidas aos escolares co programa "Achégate ao Tren", onde máis de 25.000 escolares xa participaron ao longo dos últimos anos, e onde se vai a combinar a visita da locomotora 1808 e o Verderón coa visita da estación intermodal ferroviaria e autobuses Compostelá e unha viaxe en tren á casa de Rosalía de Castro e á Fundación Camilo José Cela, entre outras. Así mesmo, no ano 2023 celebrarase o 150 aniversario do primeiro ferrocarril Galego entre Santiago de Compostela e Vilagarcía, onde temos previsto realizar múltiples actividades lúdicas e culturais.

O "Verderón" e a locomotora, actual sede da Asociación Compostelana de Amigos del Ferrocarril de Santiago (ACAF), e da sección española da Asociación Europea de Ferroviarios AEC é un conxunto único e exclusivo en España e en Europa polas súas características e serie. Tamén se trata dun caso único polo uso deste coche de grande interese histórico dentro do Patrimonio industrial ferroviario galego.

Na súa intervención, o alcalde destacou a importancia do ferrocarril como "elemento vertebrador do territorio" e lembrou os avances desde aquela primeira viaxe en tren en Galicia, entre Cornes, en Conxo, e Carril, ata actualidade, coa alta velocidade, nun ano no que se prevé que "Santiago supere os tres millóns de viaxeiros que chegan por ferrocarril". Sánchez Bugallo reiterou "a vontade do Concello de Santiago de seguir colaborando coa Xunta de Galicia e a Asociación de Amigos do Ferrocarril para completar a remodelación do Verderón".

Ademais do alcalde, na visita estaba o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente da Asociación Amigos do Ferrocarril, Carlos Abellán; así como distintos membros da Corporación Municipal.

O "Verderón"

O "Verderón" é un vehículo de viaxeiros dos anos 30, unido a unha locomotora AlCO serie 1808, que no seu interior alberga unha maqueta de modelismo ferroviaria de escala H0, de 6 metros de largo.

Trátase dun coche de viaxeiros que foi construído por CAF (Construcións Auxiliares de Ferrocarril) en Beasain (País Vasco), no ano 1930, para a Compañía Ferroviaria de MZA (Madrid, Zaragoza, Alacante). Inicialmente foi posto en servizo como coche de Primeira e Terceira Clase. No ano 1941, coa constitución de Renfe, pasou a ser de segunda Clase, e nos derradeiros 20 anos de servizo foi adicado como coche itinerante taller e vivenda da Brigada Forestal con base en que Renfe tiña, para limpeza das malezas nas vías e os seus arredores na Comunidade Autónoma de Galicia. Ao desaparecer a dita brigada forestal nos anos 70, o Verderón foi abandonado na estación de Santiago de Compostela.

En 1986 nace a Asociación Compostela de Amigos do Ferrocarril ACAF e decide mercalo coa finalidade de preservalo como un vehículo de alto interese do patrimonio ferroviario galego, moi relacionado coa nosa comunidade, e tamén para que se utilice como sede social tanto da Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril ACAF como na actualidade sede da Asociación Europea de Ferroviarios Sección Española AEC.

Chamase Verderón porque foi o primeiro que se construíu co chasis de chapa de ferro e pintado de cor verde, en substitución da madeira coa que se construían ata aquela época. No seu interior está formado por una sala de xuntanzas e audiovisuais, una biblioteca, fototeca do arquivo ferroviario galego, e unha oficina despacho, e un pequeno baño orixinal. Actualmente está ubicado na explanada do patio de viaxeiros da estación compostelá.

Compartir: