PLENO

Compostela irmandarase con Santiago do Cacém

26/04/2007 Santiago de Compostela engade outra cidade á lista daquelas que levan o nome do Apóstolo e coas que se está irmandada. Trátase nesta ocasión dunha vila lusa, Santiago do Cacém, cuxo irmandamento e o inicio dos trámites para o mesmo foi aprobado por unanimidade no Pleno municipal.

Santiago do Cacém é unha cidade situada a 149 quilómetros ao norte de Lisboa e a 137 quilómetros da fronteira con España, na rexión do Alentejo. Ten preto de 30.000 habitantes e está composto por 11 freguesías. Trátase dunha cidade que ten a súa orixe nun poboado pre-celta e que hoxe ten un rico patrimonio natural, arquitectónico e arqueolóxico, convertido nun importante foco de atracción turística.

Compartir: