MEDIO AMBIENTE

Máis de 400 nenos e nenas achéganse á economía circular grazas ao proxecto #EuCompost_ela

15/11/2022 O Concello de Santiago e a Unión de Consumidores de Galicia organizaron dous concertos para o alumnado de primaria dos centros de ensinanza do municipio no marco do proxecto #EuCompost_ela. O obxectivo desta iniciativa é achegar aos máis pequenos o mundo da economía circular dun xeito lúdico e entretido.

Nun ateigado auditorio no edificio Cersia Empresa, a música de Paco Nogueiras e a voz de Iseo Agilda encheron o espazo de risas, berros e diversión. O éxito da convocatoria da actividade musical Compost_ela Miúda foi tal que tivo que repetirse para que non deixar fóra o alumnado dos centros que solicitaron participar na experiencia.

Así, nenos e nenas dos centros educativos de Vite, Fontiñas, San Jorge, Compañía de María, Roxos e Lamas de Abade, gozaron dun concerto e contacontos ao redor dos conceptos ecoloxía, sostibilidade, reciclaxe e economía circular.

O obxectivo de Compost_ela Miúda é dar a coñecer o modelo da economía circular, fomentar hábitos de consumo responsable favorables para a contorna e aprender a reciclar correctamente, especialmente neste momento no que se está a introducir o quinto colector no que se verte materia orgánica.

A través de cancións como Eco, de Paco Noguerias, ou seguindo o fío dos contos de Iseo A Moura o alumnado de primaria achegáronse de xeito lúdico á economía circular.

Compost_Ela Miúda

Nesta nova actividade de Compost_ela Miúda, reuniuse a Paco Nogueiras e Iseo a Moura nun concerto.

Paco Nogueiras é diplomado en graduado social, músico e actor. Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG.
Recoñecido animador, participou en numerosos espectáculos, ten varios libros publicados e colabora con diferentes formacións teatrais e musicais.

Iseo Agilda é filósofa de formación e encamiñou a súa vocación cara a educación ambiental. A través dos seus espectáculos comparte e aprende a vivir dun xeito máis sostible, sinxelo e xusto. Tamén é cantante en Sacha na Horta e Blues do País.

Proxecto #EuCompost_ela

Esta actividade enmárcanse dentro do proxecto #EuCompost_ela posto en marcha o ano pasado polo Concello de Santiago e a Unión de Consumidores de Galicia co obxectivo de fomentar entre as persoas consumidoras un coñecemento máis profundo da economía circular para que sexan conscientes da necesidade de facer un consumo responsable e sostible, e da importancia de reciclar correctamente.

Ata o momento leváronse a cabo diversas actividades no marco deste proxecto: o faladoiro ‘Arredor da economía circular’, o concurso de Tik Tok ‘Conecta coa Economía Circular’, a exposición itinerante ‘Os Benfeito fan Compost_ela’ por centros de infantil e primaria que vai acompañada dunha acción informativa dirixida ao alumnado que fai uso do servizo de comedor do centro durante os tempos de espera ate a hora da recollida e a 'Feira de Economía Circular e Boas Prácticas'.

Direcciones relacionadas



Compartir: